Logotipo de Zavood

Where's the bar on the map?

A Barra

É moi dificil evitar pasar por diante da barra do Zavood, xa que se atopa a poucos pasos da entrada principal. A barra atópase rodeada de altas e coloridos taburetes. Este é o lugar a procurar se queres tomarte uma birra ou cicais um whisky escocés. Os prezos no Zavood tenden a se-los máis baixos dos locais da zona, ¡e nim falar do das discotecas...! A xente trá-la barra atopase a túa disposición e fará o posibel pra satisface-las túas necesidades; xa sexa que queiras pedi-las túas cancións preferidas da nossa selección de máis dum centenar de CDs ou xogar ó billar.

A vida tra-la barra A vida no bar Coma todos sabemos e dende épocas inmemoriais, os seres humáns sempre tenhem tido a necesidade de comunicarse entre eles. Pra axudar-los nosos clientes a satisface-lo seu desexo, Zavood ten a vosa disposición un teléfono público de Eesti Telefon ( a telefonía local). As tarxetas necesarias pra utilizalo tamén están á venda na caixa. Este maravilloso aparato disminuiu notablemente o uso do teléfono do Zavood ( 441-321) e incrementou a probabilidade de comunicarse co Zavood.

De calquer xeito, é posibel pedirlhe os empregados que te chamen um taxi libre de cargo.

As botelhas no estante Case todos atopan a súa bebida preferida nos amplos estantes do Zavood. A selección de comidas varía um pouco según a tempada, máis case a cotío tes algo para picar é acompaña-la tua birra ( por ex. patatilhas, pelmeenis). A nossa variedade de bebidas quentes ( caldos, a nossa selección de tes e o nosso maravilhoso café) convertese no mais popular coa chegada do outono e o inverno.

Asemade da mencionada entrada, ha um par de caminhos máis alonxándose da barra: o aseo e un pequeno corredor que che leva a Sá II .

www design by Halo
30/10/96